Saturday 04 de May de 2024

Festival de Preescolar na Casa no CEIP O Mesón do Vento


Os nenos e nenas de Preescolar na casa dos grupos de Ordes e O Mesón do Vento ofreceron un espectáculo ante o alumnado de infantil do Mesón do Vento. Un festival co que queren despedirse deste curso, e para o que levan traballando bailes e cancións ao longo das últimas semanas. Pais, nais, rapazada e profesorado pasárono ao grande, así como as concelleira de Educación e Medio Ambiente do municipio, Susana García e Ana Soneira respectivamente.